domingo, 29 de noviembre de 2015

A vida éche un conto

Nas vindeiras semanas, tras o exitoso traballo feito con Instruccións para tomar café, de Manuel Núñez Singala, o Clube de Lectura de 3º de ESO, traballará dous xéneros tradicionalmente menos representados nestas actividades con respecto á novela: o conto, e, sobre todo,a poesía.

 Canción "Desaparecidos" Daniel Viglietti & Mario Benedetti
No eido lírico, comezaremos con poemas de Pablo Neruda, sobre todo, pola súa equilibrada combinación entre a temática amorosa e a social-reivindicativa. Centrarémonos en Veinte poemas de amor y una canción desesperada ou Cien sonetos de amor.

Máis adiante entraremos de novo no xénero conto, e aí Mario Benedetti, o xenial autor uruguayo daranos moito xogo, con relatos como "El cambiazo" o "El altillo". Tamén incluiremos outros textos como "El Sur" ou "Tema del traidor y el héroe" de Jorge Luis Borges e "La noche boca arriba" de Julio Cortázar.
Deste xeito, o noso clube combina literatura en castelá e galego, e dentro do ámbito castelá presta atención aos autores hispanoamericanos, que, por desgraza ocupan un plano marxinal nos curriculos da materia.
Seguides convidados a unirvos a nós...

jueves, 26 de noviembre de 2015

La lección de August

Os alumnos de 2º ESO comezarán o próximo martes unha nova aventura literaria coa lectura da obra "La lección de August" de R. J. PALACIO.








«Todos deberíamos recibir una ovación al menos una vez en nuestra vida, porque todos vencemos al mundo.» Auggie










Su cara lo hace distinto y él solo quiere ser uno más. Camina siempre mirando al suelo, la cabeza gacha y el flequillo tratando en vano de esconder su rostro, pero, aún así, es objeto de miradas furtivas, susurros ahogados y codazos de asombro. August sale poco, su vida transcurre entre las acogedoras paredes de su casa, entre la compañía de su familia, su perra Daisy y las increíbles historias de La guerra de las Galaxias. Este año todo va a cambiar, porque este año va a ir, por primera vez, a la escuela. Allí aprenderá la lección más importante de su vida, la que no se enseña en las aulas ni en los libros de texto: crecer en la adversidad, aceptarse tal y como es, sonreír a los días grises y saber que, al final, siempre encontrará una mano amiga.
 
 
 
 

viernes, 20 de noviembre de 2015

Tertulia literaria en Allariz

Onte pola tarde os rapaces do clube de lectura de 2º e 3º da ESO desprazáronse ata Allariz acompañados dos seus profesores Carlos, Monse Ulloa e Irene para asistir a unha tertulia literaria con Manuel Núñez Singala, o autor de " Instruccións para tomar café".
Alí reuníronse rapaces de Allariz, Bande, Maceda, Viana do Bolo...e puideron intervir nunha tertulia radiofónica onde o escritor contestou a todas as súas preguntas.
Despois foi o encontro e a charla na que puideron intercambiar opinións sobre o libro e reflexionar sobre os tópicos galegos, a deconstrucción do conto tradicional, a emigración, as tradicións...
Foi unha tarde amena e agradable.