jueves, 17 de noviembre de 2016

Aqueles días en que eramos malas

Os alumnos de 4º ESO están lendo e preparando a obra de Inma López Silva titulada "Aqueles días en que eramos malas" para asistir a unha tertulia literaria da que daremos conta máis adiante.
A obra trata dun grupo de mulleres que comparten un módulo dunha cárcere e xuntas viven emocións, confesións, encerros, rebelións e moito máis. Estamos falando dunha novela que mestura comedia e traxedia nun mundo no que se vive á marxe da realidade.


martes, 15 de noviembre de 2016

El secreto de Enola

Os alumnos do club de lectura de 1ºESO están lendo "El secreto de Enola" de Daniel Hernández Chambers, unha obra en castelán que foi galardonada co XXVII Premio Ala Delta.
Calcetines é o seu protagonista da noveliña e xunto coa súa amiga Margaret van descubrindo os entresixos dun pequeño pobo inglés. Na cheminea dunha casa atopan una pomba mensaxeira e na súa investigación encontrarán una gran historia de amor e o papel que cumpriron ás pombas mensaxeiras na Segunda Guerra Mundial.
 
A nós estanos gustando, anímate a ler o libro :)

lunes, 24 de octubre de 2016

Club de Lectura de 3º ESO

O club de lectura de 3ºES0 empeza a súa andaina neste curso 2016-17 coa obra "Tuerto, maldito y enamorado" de Rosa Huertas.
Trata da vida de Elisa, que da un xiro importante ó axudarlle á súa irmá cun traballo de Literatura. Cando chega á biblioteca do instituto, atopa un espectro sobre o que pesa unha terrible maldición. As rúas de Madrid serán os escenario fantasmagórico da súa aventura, terrorífica e emocionante, máis alá da realidade.
Queredes saber máis? Invitámosvos a todos a lelo e a facer unha reseña que podemos publicar neste mesmo blog.