martes, 25 de junio de 2019

Actualización do blog

Neste curso 2018-19, a maioría das entradas do blog do club de lectura foron están a ser publicadas no blog da biblioteca por razónsde publicidade e de que chega a máis xente, polo que podedes lernos neste enlace:

https://osillonazul.blogspot.com/

lunes, 18 de junio de 2018

Encontro literario con Eva Mejuto


Hoxe celebramos un novo Encontro Literario "A luz da candea" coa presencia da autora Eva Mejuto que escribiu "22 segundos" para facer visible a transexualidade na historia de Ánxela que, pouco a pouco, pasa a ser Alex e busca a súa liberdade.
Falamos sobre a identidade e de como se fixo este libro que aínda que é de ficción, moitas das súas historias son reais.

Grazas a todas aquelas persoas que fixeron posible este evento.




lunes, 4 de junio de 2018

Encontros dos clubes de lectura


O pasado venres organizáronse os "Encontros dos clubes de lectura" en Santiago de Compostela e alí estivemos para empaparnos de tantas ideas sobre novas lecturas, banda diseñada e todo aquilo que nos permite medrar no noso mundo literario e real.


jueves, 26 de abril de 2018

Recital poético polo Día do Libro

Os alumnos de 1ºESO quixeron ler poesías en galego e castelán polo Día do Libro. Disfrutamos con poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, García Lorca, Blas de Otero ou Carolina Coronado.


Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Onde o mundo se chama Celanova (1975)
Celso Emilio Ferreiro



La luna vino a la fragua
con su polisón de nardos.
El niño la mira, mira.
El niño la está mirando.
En el aire conmovido
mueve la luna sus brazos
y enseña, lúbrica y pura,
sus senos de duro estaño.
Huye luna, luna, luna.
Si vinieran los gitanos,
harían con tu corazón
collares y anillos blancos.
Niño, déjame que baile.
Cuando vengan los gitanos,
te encontrarán sobre el yunque
con los ojillos cerrados.
Huye luna, luna, luna,
que ya siento sus caballos.
Niño, déjame, no pises
mi blancor almidonado.
El jinete se acercaba
tocando el tambor del llano.
Dentro de la fragua el niño,
tiene los ojos cerrados.
Por el olivar venían,
bronce y sueño, los gitanos.
Las cabezas levantadas
y los ojos entornados.
Cómo canta la zumaya,
¡ay, cómo canta en el árbol!
Por el cielo va la luna
con un niño de la mano.
Dentro de la fragua lloran,
dando gritos, los gitanos.
El aire la vela, vela.
El aire la está velando.
Romance de de la luna luna
Federico García Lorca


Aquí deixo unhas imaxes:







Grazas a todos pola vosa participación :

miércoles, 21 de marzo de 2018

Día Mundial da Poesía

Organizamos un pequeno recital poético con 1ºESO que acaba co verso "Poesía... eres tú" e co aplauso entusiasta dos nenos despois de disfrutar da actividade.




lunes, 19 de marzo de 2018

Lendo " Leonardo e os fontaneiros"

Os nenos de 1ESO están lendo estes días a obra de María Victoria Moreno "Leonardo e os fontaneiros" para disfrutar da súa representación teatral en datas cercanas ó Día das Letras Galegas.
Están disfrutando coas aventuras de Antón e Leonardo así que comprácenos moito preparar esta actividade cos rapaces.