Aproveitando o bo tempo, lectura ó aire libre...
miércoles, 5 de abril de 2017
jueves, 9 de febrero de 2017
Danny, el campeón del mundo
O club de lectura de 1º ESO comeza a ler dúas obras, "Danny, el campeón del mundo" de Roald Dahl en castelán e "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
Estamos ante un grupo de alumnos moi motivados e que demandan moitas lecturas así que seguimos compartindo moito tempo de lecer.
viernes, 27 de enero de 2017
Club de lectura de 2º ESO
Este martes, como levamos facendo dende principio de curso, reuniuse o club de lectura de 2º ESO.
Estamos a coñecer máis de cerca o que lle acontece a "El profesor de música".
lunes, 23 de enero de 2017
Tertulia literaria con Xabier Quiroga
O club de lectura en colaboración coa biblioteca do IES Carlos Casares de Viana do Bolo está preparando un Encontro literario co escritor Xabier Quiroga.
Para iso, estamos traballando coas súas obras "Era por setembro" para 3º e 4º da ESO e "Izan o da saca" para 1º Bacharelato.
Seguiremos informando unha vez que teñamos data fixa para este prestixioso evento.
jueves, 12 de enero de 2017
Recital poético de inverno
Estamos a preparar un recital poético para o día 4 de febreiro de 2017. A idea é ler varias poesías de autores consagrados en galego e en castelán pero tamén aceptamos poesías inéditas dos nosos alumnos.
Os organizadores do evento son David, Zaida, Uxía, Jairo, Mónica, Andrea e Paula de 1º ESO.
Estades todos os alumnos do centro invitados a participar polo que para calquera suxerencia poñédevos en contacto con Irene.
Foto da organización:
Club de lectura de 1ºESO
Hoxe acabamos a lectura de "El secreto de Enola" e os compoñentes do club están entusiasmados lendo os últimos capítulos.
martes, 10 de enero de 2017
O enigma de Caronte
O club de lectura de 3ºESO comeza a lectura da obra de Carlos Vila Sexto "O enigma de Caronte", unha novela no que o último verán de Dani e os seus amigos vémn marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de clase. A investigación desta mote está marcada por unha mensaxe que deixa o propio Marcos que os levara a buscar un tesouro agachado nunha vila costeira e arredor da mesma trana encontrarán cunha serie de problemas e algún crime.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







