Organizamos un pequeno recital poético con 1ºESO que acaba co verso "Poesía... eres tú" e co aplauso entusiasta dos nenos despois de disfrutar da actividade.
miércoles, 21 de marzo de 2018
lunes, 19 de marzo de 2018
Lendo " Leonardo e os fontaneiros"
Os nenos de 1ESO están lendo estes días a obra de María Victoria Moreno "Leonardo e os fontaneiros" para disfrutar da súa representación teatral en datas cercanas ó Día das Letras Galegas.
Están disfrutando coas aventuras de Antón e Leonardo así que comprácenos moito preparar esta actividade cos rapaces.
lunes, 12 de marzo de 2018
LEDICIA COSTAS
O pasado 7 de marzo estivo no IES Carlos Casares a escritora Ledicia Costas no marco dos Encontros literarios "Á luz da candea". Reunimos a rapaces de 1º a 4ºESO que estiveron intercambiando opinións, reflexións e anécdotas coa creadora de "A señorita Bubble". Os nenos cociñaron as receitas de Escarlatina (a cociñeira difunta dun dos seus libros) e degustámolas despois da charla.
Grazas, Ledicia!
martes, 24 de octubre de 2017
Club de 1ºESO: "Cuentos en verso para niños perversos"
Os nosos nenos de 1ºESO disfrutando da lectura de Roald Dahl "Cuentos en verso para niños perversos".
Estivemos facendo una lectura dramatizada e comparando os contos tradicionais cos que versiona este autor.
lunes, 23 de octubre de 2017
Novos clubes de lectura
O club de lectura "O gato Samuel" comeza este curso a súa andaina en 1ºESO coa lectura de varias obras como "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl e "A señorita Bubble" de Ledicia Costas.
Temos un grupo numeroso e entusiasta con que pretendemos disfrutar moito.
Benvidos ao club!
domingo, 25 de junio de 2017
X Encontros de Clubes de Lectura
O. Villar | Era unha ocasión especial e merecía unha celebración especial... Coido que os rapaces o pasaron de marabilla, agás co calor sofocante que nos bateu ese día en Santiago... Pero quen levamos un Peter Pan dentro, botamos de menos coarnos nos marabillosos talleres que había para a rapazada...
Xenial Miguelanxo Prado ao recoller o seu merecido premio e xenial o peche musical con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre!!
Xenial Miguelanxo Prado ao recoller o seu merecido premio e xenial o peche musical con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre!!
lunes, 15 de mayo de 2017
Encontros literarios "Á luz da candea" con María do Cebreiro
Esta mañá tivemos una tertulia literaria con María do Cebreiro que compartiu confidencias cos alumnos de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBACH sobre a súa traxectoria literaria e sobre a súa última obra publicada "O deserto", un poemario cheo de referencias bíblicas, mitolóxicas, filosóficas, pictóricas e onde priman as sensacións.
María do Cebreiro, doutora en Teoría de la literatura e autora pertencente á Nova Poesía Galega que ten no seu haber obras como "O estadio do espello”, “Cuarto de outono”, “Non son de aquí”, “ A ferida”, “Os inocentes” ou “O deserto”.
É filla de poetas galegos e leva a literatura nas súas veas pero a súa predisposición para escribir foi coma un proceso de encontrarse consigo mesma. A poesía era algo cotián na súa vida e como ela mesma di: “Eu creo que ía escapando da poesía e a poesía perseguíame a min”. Un día decidiu publicar e firmar como María do Cebreiro para buscar o seu camiño, independentemente dos seus apelidos Rábade e Villar, rodeados de literatura, poesía, escritura e sensibilidade.
A música tamén é unha constante na súa traxectoria vital e por iso publica “Damas negras: música e poesía cantada por mulleres”, un libro no que se fai unha antoloxía das cancións en lingua inglesa de mulleres afroamericanas, en xeral do jazz, do blues, do soul…e no que se adapta ó galego unhas letras dunhas cancións que acompañaban á nosa autora e que moitas son grandes clásicos do Cancioneiro norteamericano.
Coa súa última obra publicada "O deserto" acada o Premio da Crítica 2015, achegándonos a una poesía que privilexia a dor, a pel, o sangue, a ferida, o tormento pero tamén o amor.
Eu quédome con estas verbas do seu poema "O corazón": "A vida é o sentido, a morte quizáis sexa una experiencia nobre e o corazón a máquina de guerra que escolle a quen lle dar a súa metralla".
Grazas, María, por compartir con nós as túas palabras, a túa sensibilidade, a túa poesía e a túa vida.
Déixovos unhas fotos e videos para que entendades a magnitude do evento:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



























