O. Villar | Era unha ocasión especial e merecía unha celebración especial... Coido que os rapaces o pasaron de marabilla, agás co calor sofocante que nos bateu ese día en Santiago... Pero quen levamos un Peter Pan dentro, botamos de menos coarnos nos marabillosos talleres que había para a rapazada...
Xenial Miguelanxo Prado ao recoller o seu merecido premio e xenial o peche musical con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre!!
domingo, 25 de junio de 2017
lunes, 15 de mayo de 2017
Encontros literarios "Á luz da candea" con María do Cebreiro
Esta mañá tivemos una tertulia literaria con María do Cebreiro que compartiu confidencias cos alumnos de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBACH sobre a súa traxectoria literaria e sobre a súa última obra publicada "O deserto", un poemario cheo de referencias bíblicas, mitolóxicas, filosóficas, pictóricas e onde priman as sensacións.
María do Cebreiro, doutora en Teoría de la literatura e autora pertencente á Nova Poesía Galega que ten no seu haber obras como "O estadio do espello”, “Cuarto de outono”, “Non son de aquí”, “ A ferida”, “Os inocentes” ou “O deserto”.
É filla de poetas galegos e leva a literatura nas súas veas pero a súa predisposición para escribir foi coma un proceso de encontrarse consigo mesma. A poesía era algo cotián na súa vida e como ela mesma di: “Eu creo que ía escapando da poesía e a poesía perseguíame a min”. Un día decidiu publicar e firmar como María do Cebreiro para buscar o seu camiño, independentemente dos seus apelidos Rábade e Villar, rodeados de literatura, poesía, escritura e sensibilidade.
A música tamén é unha constante na súa traxectoria vital e por iso publica “Damas negras: música e poesía cantada por mulleres”, un libro no que se fai unha antoloxía das cancións en lingua inglesa de mulleres afroamericanas, en xeral do jazz, do blues, do soul…e no que se adapta ó galego unhas letras dunhas cancións que acompañaban á nosa autora e que moitas son grandes clásicos do Cancioneiro norteamericano.
Coa súa última obra publicada "O deserto" acada o Premio da Crítica 2015, achegándonos a una poesía que privilexia a dor, a pel, o sangue, a ferida, o tormento pero tamén o amor.
Eu quédome con estas verbas do seu poema "O corazón": "A vida é o sentido, a morte quizáis sexa una experiencia nobre e o corazón a máquina de guerra que escolle a quen lle dar a súa metralla".
Grazas, María, por compartir con nós as túas palabras, a túa sensibilidade, a túa poesía e a túa vida.
Déixovos unhas fotos e videos para que entendades a magnitude do evento:
viernes, 28 de abril de 2017
Encontros "Á luz da candea" con Xabier Quiroga
Hoxe inauguramos os Encontros literarios "Á luz da candea" coa presencia do escritor galego Xabier Quiroga co que puidemos intercambiar diversas opinións, preguntas, dúbidas e curiosidades sobre as súas obras "Era por setembro" e "Izan o da saca" e todo isto dentro dun ambiente marcado pola cercanía e a sensibilidade.
Xabier Quiroga é profesor de Lingua e literatura galega e deuse a coñecer no terreo literario coa súa obra “Atuado na braña” (2002) coa que conseguiu varios premios como o Losada Diéguez no 2002. Reaparece coa súa espléndida obra e ben coñecida por vós “Era por setembro” , unha novela de aprendizaxe dunha adolescente de 13 anos que quere saber a verdade do seu pasado e do seu presente pero tamén unha novela de mulleres xa que as dúas protagonistas, Aldara a a súa nai, son mulleres que se enfrontan ó seu pasado, a nai cun amor fracasado que reaparece despois de 13 anos e a filla cunha dúbida existencial e emocional por saber quen é o seu pai. Por riba de todo, destacamos a sensibilidade coa que o autor toca temas conflictivos como as relacións familiares.
No 2014 consegue o Premio da Crítica con “Zapatillas rotas” e no 2015 sae á luz a súa última novela “Izan o da saca” (Premio San Clemente), obra trepidante na que se investiga sobre a “Ruta das Ratas”, tamén chamada “Ruta dos Mosteiros” en Galicia que era o itinerario de fuxida dos nazis cara a América do sur na época da posguerra. Ambientada na Ribeira Sacra, percorre escenarios magníficamente descritos como Monforte, Pantón, o Saviñao, o Mosteiro de Samos, ou o pazo de Arxeriz, nos que o Reiniña irá descubrindo un segredo que afecta a un alto membro da política do país. Xabier fai uso dunha gran capacidade literaria e achéganos a un insólito final que todos compartimos coa súa lectura.
Foi un pracer telo con nós e poder coñecer de primeira man o proceso de creación das súas obras.
Desde aquí, o meu agradecemento a Jesús A. pola súa axuda inestimable para que este soño se fixera realidade e, como non, a Xabier Quiroga, por aceptar vir ó IES Carlos Casares de Viana e compartir con nós parte do seu tempo de lecer.
Unha aperta!
Grazas a todos os compañeiros que axudaron na organización deste encontro literario e ós alumnos de 3ºESO, 4ºESO e 1º BACH polo seu interese e boa disposición á hora de preparar todo o necesario para que isto fora posible.
miércoles, 5 de abril de 2017
jueves, 9 de febrero de 2017
Danny, el campeón del mundo
O club de lectura de 1º ESO comeza a ler dúas obras, "Danny, el campeón del mundo" de Roald Dahl en castelán e "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
Estamos ante un grupo de alumnos moi motivados e que demandan moitas lecturas así que seguimos compartindo moito tempo de lecer.
viernes, 27 de enero de 2017
Club de lectura de 2º ESO
Este martes, como levamos facendo dende principio de curso, reuniuse o club de lectura de 2º ESO.
Estamos a coñecer máis de cerca o que lle acontece a "El profesor de música".
lunes, 23 de enero de 2017
Tertulia literaria con Xabier Quiroga
O club de lectura en colaboración coa biblioteca do IES Carlos Casares de Viana do Bolo está preparando un Encontro literario co escritor Xabier Quiroga.
Para iso, estamos traballando coas súas obras "Era por setembro" para 3º e 4º da ESO e "Izan o da saca" para 1º Bacharelato.
Seguiremos informando unha vez que teñamos data fixa para este prestixioso evento.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)























