lunes, 24 de octubre de 2016

Club de Lectura de 3º ESO

O club de lectura de 3ºES0 empeza a súa andaina neste curso 2016-17 coa obra "Tuerto, maldito y enamorado" de Rosa Huertas.
Trata da vida de Elisa, que da un xiro importante ó axudarlle á súa irmá cun traballo de Literatura. Cando chega á biblioteca do instituto, atopa un espectro sobre o que pesa unha terrible maldición. As rúas de Madrid serán os escenario fantasmagórico da súa aventura, terrorífica e emocionante, máis alá da realidade.
Queredes saber máis? Invitámosvos a todos a lelo e a facer unha reseña que podemos publicar neste mesmo blog.


No hay comentarios:

Publicar un comentario