Onte pola tarde os rapaces do clube de lectura de 2º e 3º da ESO desprazáronse ata Allariz acompañados dos seus profesores Carlos, Monse Ulloa e Irene para asistir a unha tertulia literaria con Manuel Núñez Singala, o autor de " Instruccións para tomar café".
Alí reuníronse rapaces de Allariz, Bande, Maceda, Viana do Bolo...e puideron intervir nunha tertulia radiofónica onde o escritor contestou a todas as súas preguntas.
Despois foi o encontro e a charla na que puideron intercambiar opinións sobre o libro e reflexionar sobre os tópicos galegos, a deconstrucción do conto tradicional, a emigración, as tradicións...
Foi unha tarde amena e agradable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario